EN
  • Portfolio
  • Matrix
  • Equipo
  • i+d
  • Clientes
  • Contacto
Prebencar
 

Título do proxecto: PREBENCAR: Asesor Virtual Intelixente para a PREvención e o BENestar CARdiovascular


Orzamento: 780.761,23. Cofinanciado pola Unión Europea (Fondos FEDER) e a Axencia Galega de Innovación co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ata un importe de 427.990,68 €.


Socios: BALIDEA Consulting & Programmin (líder), IMAGAMES


Entidades colaboradoras: Fundación Ramón Domínguez, CITIUS (USC: Universidade de Santiago de Compostela)


Convocatoria: CONECTA PEME 2016 (Procedemento IN852A)


Descrición: O obxecto do proxecto é facilitar ao cidadán, profesional sanitario e servizos de saúde a promoción de actividades de prevención cardiovascular primaria a nivel poblacional, buscando un cambio nos costumes e hábitos sociais. Deste modo, dase resposta a un reto na sociedade actual, promovendo a cultura cardiosaudable a través dun cambio de rol das persoas.


Palabras clave: Empoderamento de pacientes, autoxestión saúde, terapias avanzadas, promoción vida saudable, benestar cardiovascular

Na anualidade de 2018 finalizou o desenvolvemento do proxecto cumprindo cos obxectivos establecidos na planificación do mesmo. Realizouse unha validación e evaluación dos resultados obtidos a partir da proba piloto realizada con usuarios reais (profesionais médicos e pacientes), completando por tanto con éxito o alcance planificado e logrando todos os obxectivos plantexados.


Proxecto parcialmente subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do programa Conecta PEME para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, da Unión Europea.

Imagames
Imagames
Imagames
Imagames
Imagames
Imagames
© 2021 Imagames Gamification Services
Aviso legal Política de privacidad Política de cookies
© 2021 Imagames Gamification Services