PREBENCAR

Título do proxecto:

PREBENCAR: Asesor Virtual Intelixente para a PREvención e o BENestar CARdiovascular

Orzamento: 780.761,23. Cofinanciado pola Unión Europea (Fondos FEDER) e a Axencia Galega de Innovación co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ata un importe de 427.990,68 €.

Socios: BALIDEA Consulting & Programmin (líder), IMAGAMES

Entidades colaboradoras: Fundación Ramón Domínguez, CITIUS (USC: Universidade de Santiago de Compostela)

Convocatoria: CONECTA PEME 2016 (Procedemento IN852A)

Descrición: O obxecto do proxecto é facilitar ao cidadán, profesional sanitario e servizos de saúde a promoción de actividades de prevención cardiovascular primaria a nivel poblacional, buscando un cambio nos costumes e hábitos sociais. Deste modo, dase resposta a un reto na sociedade actual, promovendo a cultura cardiosaudable a través dun cambio de rol das persoas.

Palabras clave: Empoderamento de pacientes, autoxestión saúde, terapias avanzadas, promoción vida saudable, benestar cardiovascular

En novembro de 2018 alcanzamos a terceira e última anualidade de execución do proxecto, cumplindo cos obxectivos establecidos na planificación do mesmo. Logrouse modelar o coñecemento médico aportado pola Fundación Ramón Domínguez para a sua integración no asistente virtual personal de promoción e autoxestión da saúde cardiovascular que se desenvolveu no marco do proxecto. Completouse o desenvolvemento de todos os módulos consituíntes do devandito asistente, e desplegouse un proxecto piloto, que se está levando a cabo actualmente, co obxectivo de realizar a súa validación con usuarios reais.

Proxecto parcialmente subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do programa Conecta PEME para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, da Unión Europea.